+34 96 633 71 35
·WhatsApp·

28 Feb 2011

La relación entre los tratamentos de mesoterapia y la disminución del tempo de recuperación en lesiones articulares

//
Comments0
Un porcentaje muy elevado da población sufre a lo largo de su vida una lesión ya sea ligamentosa, tendinosa, ósea o muscular, que le impide llevar a cabo una “vida normal” y que conlleva una serie de repercusiones (físicas, psíquicas, económicas…) lo suficientemente relevantes…


Autor(es):
Dr. D. José Fernández Otero e Dr. D. José Luis García Soidán
Entidades(es): Universidade de Vigo
Congreso: V Congreso nacional de las ciencias del deporte y la educación física
Pontevedra: 7-9 de Mayo de 2009
ISBN: 978-84-613-1660-1
Palabras claves: Lesión, Tratamento, Recuperación funcional, Mesoterápia, Palabras Clave: Lesión, Tratamento, Recuperación funcional, Mesoterápia

RESUMEN

COMUNICACIÓN/PÓSTER

Un porcentaje muy elevado da población sufre a lo largo de su vida una lesión ya sea ligamentosa, tendinosa, ósea o muscular, que le impide llevar a cabo una “vida normal” y que conlleva una serie de repercusiones (físicas, psíquicas, económicas…) lo suficientemente relevantes como para tener en cuenta la importancia de la reducción del tiempo de recuperación. Las técnicas de fisioterapia van evolucionando con el tempo y la preocupación de los profesionales por mejorar día a día, da lugar a que experimenten e introduzcan nuevos métodos, entre los que podríamos situar la “mesoterápia”, o inyección intradérmica de medicamentos. Algunos autores como Ignacio Ortiz o Mrejen, han realizado estudios con deportivas en los que se observa una buena evolución en la recuperación de sus patologías con el uso de esta técnica, lo que influyó en la decisión de llevar a cabo el presente estudo, a fin de verificar si esta mejoría era extensible a otros pacientes que no son deportistas profesionales, y hasta que punto la utilización de la mesoterapia constituía un factor determinante en la disminución del tiempo de recuperación frente a otras técnicas, o este depende más de otras variables. Los resultados invitan al optimismo, pues con independencia de las características personales de los pacientes, de la articulación lesionada y/o del grado de lesión, los pacientes que conformaron nuestra muestra tratados con mesoterapia, necesitaron un menor número de sesiones para alcanzar la recuperación funcional

RESUMO

Unha porcentaxe moi elevada da poboación sofre ó longo da súa vida unha doenza ou lesión ligamentosa, tendinosa, ósea ou muscular, que lle impide levar a cabo unha “vida normal” e que conleva unha serie de repercusións (físicas, psíquicas, económicas…) o suficientemente relevantes como para ter en conta a importancia da redución do tempo de recuperación. As técnicas de fisioterapia van evolucionando co tempo e a preocupación dos profesionais por mellorar día a día, fai que experimentan e introduzan novos métodos entre os que poderiamos situar a “mesoterápia”, ou inxección intradérmica de medicamentos. Ignacio Ortiz ou Mrejen, son algúns dos autores que levaron a cabo estudos con deportistas nos que se observa unha boa evolución na recuperación das súas patoloxías co uso desta técnica. Estes estudos dalgunha maneira influiron na decisión de levar a cabo o presente estudo, a fin de verificar se esta melloría era extensible a outros pacientes que non son deportistas profesionais, e ata que punto a utilización da mesoterapia constituía un factor determinante da diminución do tempo de recuperación fronte a outras técnicas, ou isto depende máis doutras variables. Os resultados invitan ao optimismo, pois con independencia das características persoais dos pacientes, da articulación lesionada e/ou do grao de lesión, o grupo experimental de pacientes do noso estudo sometidos ao tratamento con mesoterapia, precisarou un menor número de sesións para acadar a recuperación funcional.

INTRODUCIÓN E FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA:

Unha porcentaxe moi elevada da poboación sofre ó longo da súa vida unha doenza ou lesión xa sexa ligamentosa, tendinosa, ósea ou muscular, que lle impide levar a cabo unha “vida normal”. Con independencia da actividade diaria e dos hábitos saudables do doente, esta convalecencia ten unha serie de repercusións (físicas, psíquicas, económicas…) o suficientemente relevantes como para ter en conta importancia da redución do tempo de recuperación. As técnicas de fisioterapia van evolucionando co tempo, existen profesionais preocupados por mellorar día a día, que experimentan e introdución novos métodos, entre os que poderiamos situar a “mesoterápia”, ou inxección intradérmica de medicamentos, que se caracteriza por potenciar os efectos beneficiosos dos fármacos administrados, condicionando unha diminución da frecuencia de administración dos mesmos e paralelamente, do seu potencial iatroxénico. Un producto homeopático que se administra en dúas ampoias inxectables de 2cc cada unha, cunha función articular e muscular respectivamente. Entre as referencias que nos podemos atopar de estudos que relacionen a fisioterapia e a mesoterapia compre destacar o traballo do Dr. Ignacio Ortiz, autor do primeiro “Tratado de mesoterapia”, e que xunto cos Doutores Egocheaga e Del Valle, da Escola de Menciña da Universidade de Oviedo: levou a cabo o estudo “Mesoterapia antihomotóxica en lesiones deportivas de partes blandas”. Sen esquecernos de Mrejen, autor de numerosos estudos de aplicación da mesoterapia en diferentes patoloxías e que considera este técnica como “o axudante privilexiado da rehabilitación e fisioterapia”. Tendo en conta o anterior, e logo de visitar en Vigo un centro de fisioterapia no que utilizan esta técnica -entre outras moitas- e experimentar como paciente as mellorías, consideramos importante facer un estudo co que se poida verificar se esta melloría é extensible a outros pacientes que non son deportistas profesionais, e se realmente a utilización da mesoterapia é o factor determinante da diminución do tempo de recuperación fronte a outras técnicas, ou este depende máis doutras variables.

MATERIAL E MÉTODO

Para levar a cabo este estudo solicitamos a colaboración do centro de fisioterapia “Fitec” de Vigo , no que utilizan dende hai un tempo a mesoterapia ademais doutras técnicas como a osteopatía, RPG, miofascial, etc.independentemente da fisioterapia convencional. O primeiro paso foi definir o formato e composición do mostra a analizar: ó ter que tomar como referencia a 1ª exploración da lesión non poderiamos recurrir a ficheiros de datos, nin solicitar a colaboración de pacientes en activo, senón que teriamos que agardar á unha futura lesión e á aparición do doente no centro. Decidimos que seleccionariamos ós próximos 50 pacientes que acudiran a este centro e que tiveran en común unha patoloxía a nivel articular, e fariamos 2 grupos heteroxéneos de 25; grupo (A) e grupo (B). O seguinte paso foi delimitar e redactar por unha banda, un sistema de avaliación inicial e final da lesión (que sería común a ambos grupos)e por outra, a estrutura das sesións para cada un dos tratamentos Este traballo, foi deseñado evidentemente polos profesionais do centro e poderiamos resumilo do seguinte xeito:

  • Avaliación inicial e final: sería común a ámbolos dous grupos e mediría 2 variables; a forza e o arco de mobilidade articular.
  • Forza: utilizando un “dinamómetro” e comparando os resultados cunhas escalas universais estandarizadas, rexistramos os niveis de forza na articulación danada antes (F1) e despois (F2) do tratamento outorgándolle valores do 1 ó 3 segundo a intensidade da mesma.
  • Rango ou Arco de mobilidade: utilizando un “goniómetro” e comparando os resultados cunhas escalas universais estandarizadas, rexistramos os grados de mobilidade articular na articulación danada antes (R1) e despois (R2) do tratamento outorgándolle valores do 1 ó 3 segundo a amplitude do movemento.
  • Estrutura das sesións: neste caso cada grupo foi sometido a un tratamento diferente; fisioterapia tradicional ou mesoterapia
  • Fisioterapia tradicional: mobilización articular + drenaxe + potenciación + ultrasóns + electro- analxesia + reeducación da mobilidade + propiocepción
  • Mesoterapia: mobilización articular + drenaxe + potenciación + inxección de 4 cc. de mesoterapia + reeducación da mobilidade+ propiocepción

Por último, deseñamos unha táboa para recoller os datos persoais do paciente, de tal xeito que puideramos combinar e descartar algunhas das posibles variables susceptibles de condicionar o tempo de recuperación tales como:

  • Idade
  • Sexo
  • Estatura.
  • Peso.
  • IMC.
  • Actividade física*(do 1 ó 3)
  • Alimentación* (escala do 1 ó 3)
  • Articulación lesionada.
  • Grao da lesión.
  • Recidivas
  • Actitude(positiva ou negativa)
  • Patoloxías condicionantes (osteoporose, artrose)
  • Nº de sesión.
  • Asistencia (continua, irregular)

* Para analizar dun xeito obxectivo e fiable o nivel de actividade física diaria dos pacientes, sometémolos a unha enquisa estandarizada composta de 20 items. * No caso da alimentación, no centro de fisioterapia teñen moi presente a importancia dos hábitos alimenticios, polo que ademais de estar formados no tema teñen como norma facerlle un seguimento ós seus pacientes. Os datos dese seguimento foron os utilizados para definir do 1 ó 3 esta variable.

Método estatístico Os datos enumerados no apartado anterior foron almacenados en formato SPSS.14.0 para poder aplicar as probas estatísticas precisas que verificasen ou anulasen as nosas hipóteses.

RESULTADOS (resumo)

Con independencia das variables persoais, a media de sesións necesaria para que os nosos pacientes recibisen o alta foi diferente segundo o tratamento aplicado, sendo inferior na de aqueles que foron tratados con mesoterapia, que obteñen igual resultado con dúas sesións menos como promedio:

Tabla 1. Comparativa do nº de sesións que precisaron para acadar o alta

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

CONCLUSIÓNES

  • A utilización de fármacos antihomotóxicos como a mesoterapia no tratamento de lesións permite obter resultados equiparables ós obtidos con outros tratamentos ou medicamentos.
  • Con independencia das características persoais dos pacientes, da articulación lesionada e/ou do grao de lesión, os pacientes que conformaron a mostra do noso estudo que foron tratados con mesoterapia, precisaron un menor número de sesións para acadar a recuperación funcional.
  • Cabe pensar que é posible que os pacientes que foron sometidos ó tratamento do grupo B (mesoterapia) acaden unha recuperación máis efectiva que os do grupo A, reducindo as posibilidades de recaer na lesión no futuro, polo seguinte motivo: Se nos fixamos na estructura das sesións, substituíronse os ultrasóns e a electro-analxesia, por as ampoias de mesoterapia. A función principal dos primeiros é antiinflamatoria e analxésica respectivamente, ca aplicación das ampoias de mesoterapia non só cubrimos estas necesidades, senón que ademais debido ós seus compoñentes conseguimos unha rexeneración do tecido danado, acelerando o proceso de recuperación e evitando na medida do posible futuras recaídas.
  • Dende o punto de vista práctico a utilización da mesoterapia podería contribuir ó aproveitamento do tempo de traballo; tendo en conta que para aplicar ultrasóns e electroanalxesia cómpren 25 min aproximadamente e para aplicar a mesoterapia abondan 5.

BIBLIOGRAFÍA

  • Chapelle, C. (1989): Complications cutanées tardives de la mesotherapie: infections a mycobacteries atypiques. BSFM 72: 3-8.
  • Heineman.K. (2003):Introducción a la metodología de la investigación empírica, Paidotribo, Barcelona.
  • Ordiz. J. (2001): Mesoterapia antihomotóxica en lesiones deportivas de las partes blandas. Escúela de medicina deportiva de la Universidad de Oviedo.
  • Pistor. M. (1958): Expose sommaire des. propietés nouvelles de la procaï ne local en pathologie humaine.La presse medicale.
  • Robinson. H. et als.(1993): Dna vacines: protective inmunizations by parental, mucosal, and gene-gun inoculations. Proc. Natl Acada Sci USA, vol.90, 11478-11482. Inmunology

* Moita da información que precisamos para levalo a cabo foinos proporcionada polos profesionais do centro de fisioterapia, formados amplamente no tema.

AGRADECEMENTO ESPECIAL

A Natalia Ferreira Amoedo, fisioterapeuta e osteópata do Centro de Fisioterapia Fitec de Vigo pola axuda técnica e científica prestada

Nota: cómpre aclarar que tendo que conta que a aplicación da técnica require dunha infiltración subcutánea, a mesoterapia foi subministrada aos pacientes por unha auxiliar de clínica.

Open chat
Saludos de Alto Rendimiento:

Para información sobre los cursos y másteres ONLINE, puede contactarnos por aquí.

Asegúrate de haber completado el formulario (azul) de información del curso/máster.

Gracias!