+34 96 633 71 35
·WhatsApp·

7 May 2009

La wiki 2.0 en el aula de e.f. –propuestas de trabajo desde el aula-

//
Comments0
¿Cuántos de nosotros regresamos de un curso, congreso o conferencia con una gran cantidad de recursos para trabajar en el aula y que finalmente se quedan en solo recursoso?. ¿Tienen aplicación las herramientas TIC en el aula de Educación Física?

 
Autor(es): SANTISO MEDÍN, CARLOS
Entidades(es): IES SANXENXO
Congreso: V Congreso nacional de las ciencias del deporte y la educación física
Pontevedra– 7-9 de Mayo de 2009
ISBN: 978-84-613-1660-1
Palabras claves: Wiki, Competencia Dixital, Editar, Salvar

Resumen

¿Cuántos de nosotros regresamos de un curso, congreso o conferencia con una gran cantidad de recursos para trabajar en el aula y que finalmente se quedan en solo recursoso?. ¿Tienen aplicación las herramientas TIC en el aula de Educación Física? ¿Estamos fomentando con las nuevas tecnologías la materia de Educación Física o el sedentarismo? En este trabajo intento dar respuesta a todas estas cuestiones. Pretende ser una propuesta práctica de trabajo que se está desarrollando en el IES de Sanxenxo (Pontevedra) para la competencia digital dentro de los contenidos de la Educación Física. En este caso, el recurso elegido son las WIKIS 2.0 que nos permiten interactividad entre profesor-alumnos así como un cierto grado de aprendizaje constructivista y “autónomo” por parte de los alumnos (interactividad alumnos-alumnos). Este recurso es empleado por el profesorado de Educación Física para trabajar contenidos, actividades de refuerzo y actividades de ampliación fuera del horario lectivo de la materia. En la primera parte se expoñen las directrices de trabajo planteadas por los profesores de cara a la preparación de los materiales para los alumnos/as. En la segunda, se relata cómo se iniciaron los alumnos/as en el empleo de las wikis para acabar con los resultados de una encuesta de evaluación del trabajo en la wiki de Educación Física durante el segundo trimestre del curso.

INTRODUCCIÓN:

A idea de integrar o traballo coas wikis dentro do currículo das materias que cursan os rapaces no centro, xurdiu como proposta para tentar que os alumnos/as acadaran a competencia dixital dende o punto de vista da práctica asídua con estas ferramentas nas diferentes materias. Máis concretamente, na materia de Educación Física se nos plantexou un problema: cómo facer e qué contidos tratar para non caer no “sedentarismo” nas sesións da semana e o mesmo tempo non sobrecargar de traballo para casa ós alumnos. Despois de varias xuntanzas de departamento acordamos que os contidos que estarían na wiki serían sobre todo contidos de reforzo do visto nas sesións, contidos de ampliación e informacións adicionais para “saber máis”. Ademáis tódolos traballos e exercicios que teñan que facer os alumnos os terán que subir ó apartado correspondente da wiki.

MATERIAL EMPREGADO:

Cada profesor do centro diseñou a súa propia wiki para traballar cos seus alumnos dende a súa materia. Máis concretamente a dirección da miña wiki é: www.carlossantiso@pbwiki.com e a dirección do proxecto do centro onde están tódalas wikis dos diferentes profesores é: www.ticsanxenxo@pwiki.com

DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO:

O primeiro paso que dimos dende o centro foi facer que a informática fose unha materia presente en tódolos itinerarios do 4º curso da ESO de forma que tódolos alumnos tiveran, antes de rematar a etapa, formación en ferramentas TIC. Pero tamén vimos a necesidade de non esperar a que chegaran a cuarto para familiariza-los co emprego destas tecnoloxías no seu traballo cotiá. Así, ó remate do curso 2007/2008 presentouse na consellería un proxecto de creación de wikis educativas dentro do programa “Proxectos para o uso educativo das TIC’s na Educación” da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Durante o primeiro trimestre, fixemos unhas sesións de autoformación entre os propios profesores do centro consistentes na creación dunha wiki para cada profesor/a e na familarización coas ferramentas e posibilidades que ofrecía. Direi tamén que aproveitamos para escoller un sofware que está en inglés para así, facer un pouco máis de fincapé tamén na competencia lingüistica. Unha vez que cada membro do grupo de traballo creou o seu espazo comezamos a tarefa, xa dun xeito máis individual, de enche-lo de contidos aínda que, seguimos coas xuntanzas puntuais para poñer en común traballos e resolver todo tipo de problemas e dúbidas. Se fixo un sondeo entre os alumnos para ver quen dispoñía de ordeador da casa e quen, dispoñía, ademáis, de conexión a internet. Os resultados para segundo ciclo da ESO, que onde eu imparto clase, fóron os seguintes: o 91% dos alumnos teñen ordeador na casa e desa porcentaxe o 85% posúe conexión a Internet. Para o 15% que nona posúe facilitamos no centro catro puntos de conexión durante os recreos así como a posibilidade, un día a semana, de acudir ás instalacións da Fundación Caixa Galicia de Sanxenxo onde tiñan 7 postos de conexión a internet totalmente gratuítos. Durante o comezo do segundo trimestre tivemos que decidir cómo faríamos para que os alumnos/as tiveran un acceso rápido e único a tódalas wikis do centro, e dicir, queríamos que cada alumno/a tivera un so nome de usuario e unha soa contrasinal para acceder a calquera wiki de calquera materia. Na plataforma dispoñíamos de dúas formas para facelo: que eles mesmos solicitasen acceso ou que cada profesor dese acceso á súa wiki a tódolos seus alumnos/as. A primeira opción propuxémoslla os alumnos/as de 4º para ver se era rápida e operativa. Despois dun par de semanas observamos que:

  1. Era necesario ter unha wiki propia para solicitar acceso a outra. O proceso de creación non é difícil pero os rapaces tiñan bastantes problemas.
  2. Por consenso do profesorado non admitíamos contas de e-mail que non foran as que lles facilitamos ó principio do curso, do dominio eduxove.edu.xunta.es; moitos rapaces nona activaron e tampouco tiñan a carta que lles permitía facelo.

Pensamos entón na segunda opción. Para levala a cabo tivemos que crear un nome de usuario e unha contrasinal para cada un dos alumnos/as e logo, cada profesor/a, introducir manualmente ese nome de usuario e contrasinal na súa wiki para que tiveran acceso á mesma. Esta foi a solución máis rápida xa que, tódolos alumnos/as estarían autorizados para acceder ás wikis para cada un dos profesores sen ter que depender da creación dunha propia e dun correo electrónico. A partir de que tódolos alumnos/as do centro tiveron o seu nome de usuario e contrasinal comezaron a ter contidos na wiki para traballar dende a casa ou no instituto na materia de Educación Física.

A MOTIVACIÓN PARA ACCEDER:

Estamos falando de Educación Secundaria Obrigatoria e ademais, temos unha seria resistencia, por parte dos alumnos/as a empregar as ferramentas TIC nas materias. Dita resistencia é causada pola impresión que teñen de que “agora con iso da Internet temos que traballar o triple, na aula, na casa e na wiki” É unha labor dos docentes facer que isto non sexa así. As ferramentas TIC hai que integralas nas diferentes materias para acada-los obxectivos das mesmas pero sen que isto supoña un emprego das mesmas para desenvolver contidos a carón das clases da aula; para bombardealos con traballos extra,… Pola contra, se empregamos as TIC’s para “guiar” as buscas de información dos alumnos/as (enlaces a páxinas de documentos axeitados, presentación de temas, actividades de reforzo e ampliación,…); como lugar de arquivo dos seus traballos (coa posibilidade que teñen deste xeito de compartir información); espazo onde plantexar as súas dúbidas (a través dos comentarios e foros); etc… Aínda que a nosa wiki sexa moi atractiva en contidos, presentacións,…, a maioría dos alumnos/as non van a entrar a traballar nela se non reforzamos positivamente esas actitudes de traballo. E a cuestión é: cómo teríamos que facer? A resposta e sinxela: ter en contra ese traballo de cara a avaliación da materia, que os traballos e as aportacións conten para a cualificación, que as intervencións nos comentarios sexan valoradas como actitudes positivas na avaliación ordinaria. En definitiva, que cheguen a dárense conta que traballando coa wiki “aprenden” sen percibir que o están a facer e, o máis importante, que aprendan non só polos coñecementos que lles transmite directamente o seu profesor/a senón polas aprendizaxes que entre eles mesmos constrúen. Dun xeito máis operativo, os alumnos/as na wiki de Educación Física do IES de Sanxenxo poden:

  1. Consultar o calendario de probas e traballos.
  2. Ver vídeos e documentos relacionados coas unidades didácticas tratadas na clase.
  3. Consultar de forma “guiada” enlaces relacionados directamente cos contidos tratados na aula.
  4. Ter acceso a traballar con actividades de reforzo e ampliación de forma cooperativa e baixo a supervisión dun administrador (profesor).
  5. Desenvolver destrezas básicas de emprego das ferramentas TIC (procesador de texto, follas de cálculo, subir imaxes e arquivos á wiki, realizar enlaces, presentacións de temas,…
  6. Ter acceso a un consultorio “on line” de dúbidas que se lles plantexen á hora de preparar traballos, probas escritas,… non só co profesor da materia senón tamén cos seus propios compañeiros/as.
  7. Controlar e planificar os seus progresos na materia a través dun “simulador de cualificacións” para cada un dos niveis educativos.

A OPINIÓN DO ALUMNADO:

Ó rematar o trimestre pasóuselle ó alumnado unha enquisa para avaliar o grao de aceptación e uso da wiki durante o trimestre. As cuestións sobre as que se pedía a opinión foron as seguintes: 1.- Visitáche-la wiki durante o trimestre? a) Non, nunca b) Algunha vez c) Unha vez á semana d) Día si e día non e)Tódolos días 2.- Valora si ou non segundo che pareza: – Os contidos da páxina non me gustan nin me serviron para nada. – Os contidos informativos fixeron que mellorara a miña organización da materia. – As actividades ou cuestionarios servíronme para preparar as probas. – O material audiovisual serviume de apoio para aclarar conceptos. – Cres que é unha boa ferramenta de traballo na materia de E.F.? – Pensas emprega-la wiki algo máis no vindeiro trimestre?

COMENTARIOS DO ALUMNADO:

“Pódeme ser moi útil” “É un bo medio” “O que máis me gusta da wiki é o simulador de notas” “Algunhas cousas están interesantes” “Paréceme interesante e cómoda, non teño ordeador pero búscome a vida” “Paréceme un gran adianto para poder preparar esa materia” “Paréceme unha boa idea porque te axuda e te motiva a estudar máis xa que é diante do ordeador” “É unha boa idea iso de ter unha opción de ver cousas que non quedaron craras na clase e poder aseguralas na wiki” “Non me gusta a wiki” “Non me gusta, paréceme unha tontería” “Non me gusta porque está en inglés” “Paréceme ben como apoio á materia” “Penso que deberían existir máis enlaces ás páxinas especializadas na materia con máis gráficos e debuxos”

DISCUSIÓN:

O Primeiro dato con que nos atopamos é que entre un 10 e un 20% dos alumnos de segundo ciclo non entraron nunca na wiki de Educación Física durante o trimestre. Dito dato podería entrar dentro do normal tendo en conta que é o primeiro contacto que tiveron con esta ferramenta de traballo. Pola contra casi 65% do alumnado que sí entrou algunha vez e o 77% pensa emprega-la wiki un pouco máis no vindeiro trimestre. A medida que co tempo vaian vendo as posibilidades que lles ofrece o traballo a través destas ferramentas creo que isa porcentaxe de participación irá incrementándose. Onde queda traballo por realizar, por parte dos profesores, é no intento de cambio de mentalidade do alumnado con respecto ó emprego das TIC’s. Un 50% do alumnado de segundo ciclo non empregou as actividades da wiki para preparar as probas prácticas ou teóricas da materia, dato que contrasta co casi 60% deles que consideran a wiki como unha boa ferramenta de traballo na materia de Educación Física. O noso traballo está en facerlles ver a utilidade que teñen os contidos e ferramentas TIC de cara o aproveitamento e o rendemento individual do alumno nas diferentes materias. En cambio, onde se ve unha aceptación por parte do alumnado dos contidos da wiki como ferramenta de traballo é no apartado de multimedia (vídeos, imaxes, enlaces,…) que foi valorado por enriba do 50% de aceptación. A sociedade actual é unha sociedade de imaxe, de son, os rapaces queren ver, queren escoitar, queren experiencias prácticas, aplicacións reais,… e nós como profesores temos que adaptarnos ós cambios da sociedade e, sen perder o de vista o noso obxectivo de esinar a aprender, guiar ós nosos alumnos cara un emprego racional dos coñecementos que nos pode proporcionar rede.

Bibliografía

  • * Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 7 de xaneiro de 2008)

  • * Decreto 133/2007 do 5 de xullo pola que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade de Galicia (DOGA do 13 de xullo de 2007)

  • * Wiki do Departamento de Educación Física para o segundo ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria: www.carlossantiso.pbwiki.com

  • * Wiki do Proxecto de Innovación para un uso educativo das TIC do IES de Sanxenxo: www.ticsanxenxo.pbwiki.com

Open chat
Saludos de Alto Rendimiento:

Para información sobre los cursos y másteres ONLINE, puede contactarnos por aquí.

Asegúrate de haber completado el formulario (azul) de información del curso/máster.

Gracias!