Movemento paralímpico
Resumen
Neste traballo somerxémonos no mundo da Natación Paralímpica, a través do concepto de Movemento Paralímpico, a partir do que establecemos unha estructura vertical descendente. Tendo como obxectivo último unha compilación básica das deficiencias e minusvalías do nadador de elite. O Movemento Paralímpico componse de tres grandes movementos, que na súa conxunción culminaron nos Xogos Paralímpicos de Roma en 1960, inicio deste gran evento do deporte para discapacitados, que se celebra a continuación dos Xogos Olímpicos. A natación paralímpica, diferenciase da súa coetánea na adaptación da normativa referente á corrección dos estilos, as saídas e os viraxes. Polo que se establece un sistema de clasificación funcional, dende o que se asignan as distintas probas, coas súas puntuacións, segundo o nivel de minusvalía. Para rematar, facemos unha serie de puntualizacións acerca do adestramento dun nadador e da súa técnica, e cunha gráfica evolutiva do medalleiro das últimas seis paralimpiadas.
[congreso_colectivos_especiales]