Xogos Galegos deportivos en idade escolar 2010-2011.
A Secretaría Xeral para o Deporte presentou en 2009-2010 o seu novo programa de deporte escolar denominado “XOGADE”; Xogos Galegos Deportivos, en idade escolar, un nome que ademais pon en evidencia unha das súas intencións
Xogos Galegos deportivos en idade escolar 2010-2011.
Resumen
Parece ser comúnmente aceptado en la sociedad del siglo XXI, el hecho de que parte de un sector de la población tenga problemas de salud provocados, entre otros factores de riesgo, por el sedentarismo o inactividad, y que exista un cierto paralelismo entre las actuaciones llevadas a cabo desde las diferentes administraciones y organismos.
Conferencia
A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas, convoca o Programa XOGADE, que recolle toda a actividade deportiva en idade escolar promovida e promocionada dende a Xunta de Galicia. A Secretaría Xeral para o Deporte presentou en 2009-2010 o seu novo programa de deporte escolar denominado “XOGADE”; Xogos Galegos Deportivos, en idade escolar, un nome que ademais pon en evidencia unha das súas intencións: utilizar o XOGO como ferramenta de traballo que permita iniciar os mozos en diferentes disciplinas deportivas asegurando o seu desfrute. O carácter lúdico aumentará a posibilidade dun uso posterior no desfrute do seu tempo libre, colaborando a crear hábitos de vida activos e saudables. Para o curso 2010 – 2011 o programa Xogade presenta melloras e introduce novas actividades encamiñadas ao fomento do xogo tradicional galego, a concienciación dos valores educativios que aporta a práctica de actividade física e deportiva, o achegamento das actividades dos clubes deportivos aos nosos escolares e a concesión de diferentes premios en materiais deportivos a centros escolares.