el deporte en edad escolar en galicia
A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas, convoca o Programa XOGADE, que recolle toda a actividade deportiva en idade escolar promovida e promocionada dende a Xunta de Galicia.
XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS en idade escolar 2010-2011.
A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas, convoca o Programa XOGADE, que recolle toda a actividade deportiva en idade escolar promovida e promocionada dende a Xunta de Galicia.
A Secretaría Xeral para o Deporte presentou en 2009-2010 o seu novo programa de deporte escolar denominado “XOGADE”; Xogos Galegos Deportivos, en idade escolar, un nome que ademais pon en evidencia unha das súas intencións: utilizar o XOGO como ferramenta de traballo que permita iniciar os mozos en diferentes disciplinas deportivas asegurando o seu desfrute. O carácter lúdico aumentará a posibilidade dun uso posterior no desfrute do seu tempo libre, colaborando a crear hábitos de vida activos e saudables.
Para o curso 2010 – 2011 o programa Xogade presenta melloras e introduce novas actividades encamiñadas ao fomento do xogo tradicional galego, a concienciación dos valores educativios que aporta a práctica de actividade física e deportiva, o achegamento das actividades dos clubes deportivos aos nosos escolares e a concesión de diferentes premios en materiais deportivos a centros escolares.