800 007 970 (Gratuito para españa)
658 598 996
·WhatsApp·

7 may 2009

Análisis de posibles condicionantes de la situación actual del servizo deportivo municipal en galicia

/
Enviado por
/
Comentarios0
Según los datos obtenidos en nuestros estudios anteriores, la gestión deportiva directa llevada a cabo por la propia entidad local sin órgano de administración es el modelo predominante en Galicia, utilizado por el 94% de los municipios. Un análisis hecho por Martínez Morales, J.

 
Autor(es): Dr. D. José Fernández Otero e Dr. D. José Luis García Soidán
Entidades(es): Universidade de Vigo
Congreso:V Congreso nacional de las ciencias del deporte y la educación física
Pontevedra:7-9 de Mayo de 2009
ISBN: 978-84-613-1660-1
Palabras claves: Gestión, Deporte, Municipal,Galicia, Xestión Deporte Municipal Galiza

RESUMEN COMUNICACIÓN/PÓSTER

Según los datos obtenidos en nuestros estudios anteriores, la gestión deportiva directa llevada a cabo por la propia entidad local sin órgano de administración es el modelo predominante en Galicia, utilizado por el 94% de los municipios. Un análisis hecho por Martínez Morales, J. (2001), sobre las tipologías de los servicios deportivos municipales y sus modos de gestión revela que tan sólo un 43% de los municipios españoles utilizan un modelo de gestión directa total (sin órgano de administración), cifras que distan bastante del 94% de nuestra comunidad. En la misma línea, el estudio centrado en la Comunidad Valenciana, realizado por López, A. (2000), aporta entre sus conclusiones que el 33% de los municipios de esa comunidad poseen un órgano de administración para gestionar el servicio deportivo. Con el propósito de aclarar esta situación de controversia, se analizaron “posibles condicionantes” del correcto funcionamiento del servicio, comparando los datos de nuestra comunidad con los de algunas de las comunidades españolas que más destacan en este campo, obteniendo conclusiones tan relevantes cómo: – A pesar de que las cifras de dispersión demográfica de Galicia son altas, son inferiores las de alguna de las “comunidades de referencia”. – El ratio de instalaciones deportivas se sitúa muy cerca del promedio nacional y por encima de comunidades como: Madrid, Andalucía o País Vasco. – La inversión por parte de la Administración pública local se sitúa por debajo del promedio y por debajo de las citadas comunidades de referencia.

RESUMO

Segundo os datos obtidos nos nosos estudos anteriores, a xestión deportiva directa levada a cabo pola propia entidade local sen órgano de administración é o modelo predominante en Galiza, utilizado polo 94% dos municipios.

Unha análise feita por Martínez Morales, J. (2001), sobre as tipoloxías dos servizos deportivos municipais e os seus modos de xestión revela que tan só un 43% dos municipios españois utilizan un modelo de xestión directa total (sen órgano de administración), cifras que distan bastante do 94% da nosa comunidade. Na mesma liña, o estudo centrado na Comunidade Valenciana, realizado por López, A. (2000), achega entre as súas conclusións que o 33% dos municipios desa comunidade posúen un órgano de administración para xestionar o servizo deportivo.

Na procura de esclarecer un pouco mellor esta situación de hipotética desvantaxe, analizáronse “posibles condicionantes” do correcto funcionamento do servizo, comparando os datos da nosa comunidade cos dalgunhas das comunidades españolas que máis destacan neste eido, obtendo conclusións tan relevantes como:

  • A pesar de que as cifras de dispersión demográfica de Galiza son altas, son inferiores as dalgunha das “comunidades de referencia”.
  • O ratio de instalacións deportivas sitúase moi preto da media nacional e por riba de comunidades como: Madrid, Andalucía ou País Vasco.
  • O investimento por parte da Administración pública local sitúase por debaixo da media e por debaixo das citadas comunidades de referencia.

INTRODUCCIÓN E FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA

A administración local é o derradeiro eslavón sobre o que recae a responsabilidade de que os cidadáns poidamos gozar dalgúns dos nosos dereitos fundamentais do mellor xeito posible. “O deporte é un dereito fundamental para todos” e os concellos non poden quedar ó marxe desta realidade, de aí que entre as competencias dos concellos galegos existan algunhas estritamente deportivas como:

  • “…fomentar e promocionar a actividade deportiva no seu territorio…”
  • “…promover, tutelar e executar programas de deporte escolar…”
  • “…construír instalacións deportivas…”

Mais antes de nada, para cumprir con estes cometidos da maneira máis eficiente posible, cada municipio debería dar un primeiro paso moi importante, reflexionar e determinar o modo de xestión do servizo público deportivo. A Lei de réxime local e o Regulamento de servizos das corporacións locais establecen un conxunto de modos de xestión dos servizos públicos directa, indirecta e mixta con diferentes modalidades cada unha dela, malia que é certo que non especifican o seu funcionamento, estrutura, nin vantaxes e inconvenientes do uso dunha ou outra. Segundo as investigacións de Mestre Sancho,J e García, E. (1997), o modelo de xestión máis estendido en España é o da fundación pública deportiva , que contribuíu a que nos últimos anos mellorase moito este servizo. Sen embargo o noso recente estudo da situación da xestión deportiva municipal en Galiza, ofrécenos un dato ben distinto: apenas un 2% dos concellos utilizan este modelo de xestión, e non chegan ó 6 % os concellos que dispoñen dun organismo autónomo para xestionar este servizo. Analizando as posibles causas desta situación, realizamos un estudo no 2006 no que estableciamos unha relación entre o modelo de xestión elixido e as características do municipio, mais os resultado amosaban que o perfil das vilas de Galiza que utilizan o mesmo modelo de xestión son tan dispares que non é posible establecer paralelismo entre o modo de xestión utilizado e as características do municipio. Un ano máis tarde na procura de verificar algunha das hipóteses que quedaban sen resposta no traballo anterior, realizamos un novo estudo analizando outro posible condicionante esta vez relacionado directamente cos responsables do deporte local: a cantidade e calidade da información relativa aos sistemas de xestión deportiva da que estes dispoñen. Se ben é certo que os resultados do estudo amosaban que no 70% dos casos a información era escasa, con estes datos, non estamos en disposición de afirmar que este factor sexa o único condicionante do funcionamento actual do servizo.

Co fin de continuar na análise de posibles condicionantes da situación de aparente desvantaxe da nosa comunidade con respecto a outras comunidades españolas, no que a xestión deportiva municipal se refire, nace este estudo no que se someten a análise aspectos tan relevantes como: a renda per cápita, o censo de instalacións, os investimentos en deporte por parte das administracións, etc.

MATERIAL Y MÉTODO.

Utilizando como mostra os datos dos 315 municipios que configuran a nosa comunidade deseñouse unha táboa en formato Excel, que se foi complementando coa seguinte información correspondente ao que denominamos como posibles condicionantes:

  • Densidade demográfica (hab./ km2)
  • Censo de instalacións
  • Partido político gobernante
  • Renda per cápita
  • Inversións en deporte

Para complementar a táboa utilizamos a información que nos ofrecen as páxinas web oficiais dos concellos, a base de datos da Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias), a da CRTVG (Radio Televisión de Galicia), a do INE (Instituto Nacional de Estatística), a do Consello de Contas de Galiza, e aqueloutras ligazóns de interese, ou mesmo o contacto telefónico. Para organizar a información, elaboráronse cinco táboas, unha por cada provincia e unha derradeira na que se expoñían os datos autonómicos a modo coa síntese con carácter comparativo.

RESULTADOS

Demografía:

A comunidade galega conta con 315 municipios, 2.762.419 habitantes, repartidos en 29.419 Km2 , cunha media de 94 habitantes por Km2 . Para unha análise máis pormenorizada dos datos establecemos 5 tipos de municipios segundo o número de habitantes, obtendo os seguintes resultados:

Táboa 1. Tipoloxías municipais e porcentaxes de concellos galegos con estas características

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Censo de instalacións:

Para contextualizar os datos, expoñemos a seguinte táboa co ratio de instalacións, en cada unha das provincias, e no conxunto global da comunidade. Segundo datos do 2007 do I.G.E (Instituto Galego de Estatística) e I.N.E (Instituto Nacional de Estadística)

Táboa 2. Ratio de instalación hábiles para a práctica de actividade física e deporte en Galiza

Segundo datos do 2007 do I.G.E (Instituto Galego de Estatística) e I.N.E (Instituto Nacional de Estadística)

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Partido político no goberno:

A porcentaxe de municipios nos que gobernan cada un dos partidos maioritarios pode verse na seguinte gráfica, diferenciando entre as provincias, e o conxunto da comunidade:

Gráfico I. Presenza dos partidos políticos nos diferentes concellos de Galiza ( Mapa político anterior ás eleccións municipais de 2007)

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

O Partido Popular (PP) é o partido político que conta con maior número de concellos baixo a súa dirección, seguido do Partido Socialista (PSOE), do Bloque Nacionalista Galego (BNG), e por último o resto das forzas minoritarias.

Renda per cápita: Expóñense a continuación as cifras da renda per cápita das diferentes provincias galegas, outro dos múltiples factores que poden condicionar o bo funcionamento dun servizo público.

Gráfico II. Renda per cápita das provincias galegas, fronte á media da comunidade e á media estatal (Datos extraídos da enquisa de indicadores sociais publicada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), no seu apartado correspondente a Renda, distribución e consumo, 2006).

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Como se pode observar no gráfico II, tan só a provincia de A Coruña con 15.559€, é quen de situarse por riba dos 14.683€, por persoa e ano, correspondentes á media autonómica. A seguinte provincia en orde decrecente é Lugo con 14.428€, situándose moi preto da citada media, e séguenlle Ourense e Pontevedra con 13.250 € en ambos casos. Así mesmo, pódese ver tamén que, a pesar de que a renda de A Coruña está por riba da media galega, non é que de achegarse aos 17.730 € que se corresponden ca renda media nacional.

Inversións en deporte: Para que funcione correctamente un servizo público cómpre un finanzamento procedente das Administracións. A continuación expoñemos as cifras das diferentes partidas orzamentarias correspondentes ao exercicio de 2006 para a nosa comunidade, na que se pode observar como orzamento que a Xunta de Galicia destinou ao deporte no 2006 ascendía a 15.461.252€, o que se traduce nunha inversión de 5,59€ por habitante.

Táboa 3.Partidas orzamentarias das diferentes Administración públicas galegas destinadas ao deporte no exercicio 2006.

Baseados nos estudos realizados pola F.E.M.P, e publicados na da revista “deportistas” nos anos 2006 e 2007

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Pola súa banda, o orzamento que destinaron ao deporte o conxunto das deputacións de Galiza para ese mesmo ano ascende a 41.944.196 €, ou o que é o mesmo, 15,17€ por persoa de media. Por provincias, as inversións das deputacións están encabezadas pola de A Coruña, cunha media de 27,55€ por habitante, seguida de Ourense e Lugo, con 10,80€ e 9,03€ por habitante respectivamente, situándose no outro extremo a Deputación e Pontevedra con 4,25€ por persoa.

Así mesmo, podemos ver como algún dos concellos máis relevantes de Galiza, como son A Coruña, Lugo ou Vigo, investiron máis de 15€ por persoa, chegando incluso a superar os 30€ por habitante no caso da “cidade olívica”.

DISCUSIÓN

Demografía: Poderiamos pensar que estamos ante un dos factores que máis condiciona a elección do modelo de xestión, mais se comparamos as características demográficas de Galiza coas dalgunha das comunidades autónomas españolas consideradas como referentes do servizo deportivo municipal, non parece que sexa así, a poboación de Galiza está moi espallada, mais a súa densidade de poboación supera á media nacional e case cuadriplica ás Comunidades cas que a comparamos:

Táboa 4. Comparativa da densidade de poboación: Galiza, Castela a Mancha e Aragón

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Vexamos agora unha comparativa de tipoloxías municipais entre Galiza e Aragón utilizando os criterios empregados ao longo do estudo:

Táboa 5.Comparativa das tipoloxías municipais: Galiza, e Aragón

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Se ben é certo que na nosa Comunidade máis da metade dos municipios teñen menos de 5.000 habitantes, no caso de Aragón, estes representan o 97%, mais para que isto non fose impedimento optouse por poñer en práctica servizos comarcais, que lle están a dar grandes froitos no deporte municipal dende hai case 10 anos.

Censo de instalacións:

se ben é certo que cun ratio 533 habitantes por instalación, Galiza sitúase por debaixo da media nacional (528), compre ter en conta que a situación de Galiza neste senso semella ser máis favorable que a doutras comunidades referentes como se aprecia na seguinte táboa:

Táboa 6.Comparativa do ratio de instalacións de Galiza fronte á dalgunhas comunidades de referencia e á media estatal

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Partido político no goberno: Na seguinte táboa establecese unha relación entre diferentes concellos de Galiza que comparten modelo de xestión, e non está gobernados polo mesmo partido, semella pois que a relación entre o partido político que goberna nun municipio e o modelo de xestión deportiva que este concello elixe é desprezable.

Táboa 7. Comparativa de concellos galegos con igual modelo de xestión e distinto partido no goberno

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Renda per cápita

Se ben é certo que os 14.683€ de Galiza distan bastante dos 17.713 € da media nacional, e que isto pode condicionar o servizo, no mesmo caso que a nosa comunidade, atopábanse por debaixo da media estatal en 2006 comunidades referentes en materia de xestión deportiva tales como: Andalucía, , Castela a Mancha, Valencia, ademais Canarias, Castela León, Cantabria….

Inversións en deporte:

Outro dos condicionantes a analizar é o referente ás inversións por parte das Administracións públicas, a continuación expóñense os datos relativos aos gastos en materia deportiva dende as diferentes Administracións responsables, Autonómica, Provincial e local:

Táboa 8. Comparativa de investimentos públicos en materia deportiva estre Galiza, comunidades de referencia ea media estatal

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Se ben é certo que a nivel autonómico e provincial as cifras sitúanse en torno á media nacional, no que se refire á inversión local a realidade galega é ben distinta, Isto adquire máis importancia se temos en conta as porcentaxes que representan cada unha das inversións anteriores no conxunto total dos orzamentos:

Táboa 9. Inversión no deporte por Administracións e % que representan no total do orzamento

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº 10

Da táboa anterior pódese deducir queos municipios son os principais motores económicos do servizo deportivo municipal en España, pois o seu investimento supón 78% do volume económico total do servizo

CONCLUSIÓNS

O feito de que Galiza teña unha poboación moi dispersa non debería ser un condicionante para que o servizo deportivo municipal acade un óptimo funcionamento. As cifras de dispersión demográfica de Galiza son altas, mais inferiores as dalgunha das “comunidades de referencia”.

O ratio de instalacións deportivas sitúase moi preto da media nacional e por riba de comunidades como: Madrid, Andalucía ou País Vasco. Mais para poder afirmar ata que punto condicionan o funcionamento do servizo sería preciso realizar unha análise sobre o estado actual das mesmas así como a súa funcionalidade.

A cor do partido político non parece ser un condicionante á hora de decantarse por o modelo de xestión, se temos en conta a táboa.

Se ben é certo que a renda per cápita podería condicionar o desenrolo do servizo, non debe ser un impedimento para o bo funcionamento do mesmo, como se demostra noutras comunidades que posúen unha renda inferior á galega.

Os datos relativos ao investimento por parte da nosa Administración autonómica e provincial está moi preto da media estatal polo que non semella que este factor poida condicionar a situación actual do servizo.

No que á administración local se refire o investimento medio dos municipios galegos sitúase por debaixo da media e por debaixo das citadas comunidades de referencia

Cos datos recollidos, non poderiamos determinar cal é o factor condicionante da hipotética desvantaxe. E se en é certo que o tema require dunha análise máis fonda, á vista da táboa x parece que a falla de investimento local podería constituír unha das principais liñas de investigación futuras

BIBLIOGRAFÍA

  • Álvarez, V e Rodríguez, J. (2006). Las Comunidades autónomas gastarán 300 millones en deporte. En revista “deportistas” nº8, febreiro de 2006, páx. 6-8. FEMP.
  • Criado, J e Muñoz, M. (2007). Las Diputaciones invierten e deporte más que las Comunidades autónomas. En revista “deportistas” Nº15, páx. 6-8. FEMP.
  • Delgado, C. (2001). Servicios deportivos municipales: la calidad como respuesta. En Análisis local, Nº 34, 2001, páx. 35-44.
  • Delgado, C. (2006). ¿Por qué políticas deportivas en el sector público local?. Curso de Dirección y gestión del deporte local”. Gijón.
  • Fernández, J. (2008). A situación da xestión deportiva municipal en Galiza. Tese Doutoral, Universidade de Vigo.
  • Gallardo L.y Jiménez A. (2004): La gestión de los servicios deportivos municipales, Inde, Barcelona.
  • Gallardo L.y Jiménez A. (2002): La administración y gestión deportiva, en las corporaciones locais de castilla-la mancha.Junta de comunidades de Castilla la Mancha
  • Gómez M y Mestre Sancho, J.A. (2005): la importancia del gestor deportivo en el municipio, Inde, Barcelona.
  • Heineman.K. (2003):Introducción a la metodología de la investigación empírica, Paidotribo, Barcelona.
  • Juncal, C. e Muñoz, M. (2006). Los municipios invierten en deporte más dinero que las Comunidades. En revista digital “Deportistas”, nº12, páx. 6-8. FEMP.
  • Mestre Sancho, J.A. (2004): Estrategias de gestión deportiva local, Inde, Barcelona.
  • Mestre Sancho, J.A. e García, E. (1997): La gestión del deporte municipal, Inde, Barcelona.
  • Varios (1955): Reglamento de Servicios de las Corporaciones Locales, Madrid. BOE 17/06/1955.
  • Varios (1978): Carta internacional de educación física e deporte, París.
  • Varios (1978): Constitución Española,Madrid.
  • Varios (1981): Estatuto de Autonomía de Galicia. Madrid. BOE 28/04/1981, Lei 1/81 de 28 de abril.
  • Varios (1985): Lei Reguladora de las Bases del Régimen Local, Madrid. BOE 03/04/1985, Lei 7/85 de 2 de abril.
  • Varios (1992): Carta europea do deporte para todos, Rodas.
  • Varios (1997): Lei galega do deporte, Santiago de Compostela.
  • Varios (2000): Guía del concejal de deportes, Consejo Superior de Deportes, Madrid.

Responder

Otras colaboraciones