+34 96 633 71 35
·WhatsApp·

29 Mar 2007

Diferencias de género en la distribución docente de materias en la licenciatura en ciencias de la actividad física y del deporte

/
Posted By
/
Comments0
/
Este estudio aborda el tema de las diferencias de género en la distribución docente de materias en la Licenciatura en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte. La muestra está formada por el profesorado que impartió docencia en…

 
Autor(es):Lidia Fernández Veloso, Dra. Ana Rey Cao.
Entidades(es): Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte de Pontevedra. Universidad de Vigo. España.
Congreso: III Congreso Nacional Ciencias del Deporte
Pontevedra– 29-31 de Marzo de 2007
ISBN: 84-978-84-611-6031-0
Palabras claves: género, docencia, universidad, ciencias actividad física y deporte.

Resumen

Este estudio aborda el tema de las diferencias de género en la distribución docente de materias en la Licenciatura en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte. La muestra está formada por el profesorado que impartió docencia en dicha Licenciatura en España durante el curso 2005-06. Para obtener los datos se solicitó el POD (Plan de Organización Docente), por diferentes medios (teléfono, fax, correo postal y correo electrónico), a los decanatos de los veintidós centros que imparten la Licenciatura en España, y a los vicerrectorados de profesorado o de ordenación académica de las universidades a las cuales pertenece o está adscrito cada centro. Se analizó la distribución del profesorado por sexos; la distribución del profesorado por sexos y por materias en función de su categoría (troncal, obligatoria y optativa); y la distribución del profesorado por sexos y por materias en función del tipo de contenidos. El estudio confirma que existen diferencias de género destacables en la docencia de la Licenciatura en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte en España.

Completa la información

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº3.

¡Consíguelo aquí!

Introducción.

A muller, dende sempre e en tódalas culturas, foi discriminada. Non hai tanto tempo que en España as mulleres non podían acceder á educación superior, non lles estaba permitido participar na vida política e nin tan sequera tiñan dereito ó voto. Estaban baixo a tutela do home, primeiro do pai, que tiña todo o poder sobre elas, e despois do marido. É evidente que nas últimas décadas a situación das mulleres mellorou notablemente, logrando o dereito ó voto, o acceso á educación, ó traballo remunerado, ó mundo da política, etc. Sen embargo, na sociedade actual persisten actitudes de desigualdade que desvalorizan á muller e sitúana nun plano inferior con respecto ó home. Diferentes sindicatos poñen de manifesto a discriminación no traballo que sofren as mulleres, que xunto coas dificultades económicas, as responsabilidades domésticas e as dificultades que comporta a maternidade, impiden ás mulleres asentarse laboralmente e dificultan o camiño cara a igualdade. No contexto vencellado a educación física e ó deporte, como en tódolos ámbitos da sociedade, a desigualdade de xénero persiste. En España, segundo datos aportados por Puig e Soler (2004), realizan algunha actividade física ou deporte de ocio un 47% de homes fronte a un 27% de mulleres. Mentres que máis da metade dos homes practican fútbol ou fútbol sala, as mulleres, na súa maioría, escollen actividades nas que se reproducen os patróns tradicionais do estereotipo de feminidade, como aerobic, danza, ximnasia rítmica, ximnasia de mantemento ou natación recreativa. O deporte de competición é un lugar de reprodución dos estereotipos hexemónicos asociados ó xénero masculino. O número de mulleres que participan en competicións é moi inferior ó dos homes. Do total de licencias federativas existentes en España, un 20% pertencen a mulleres fronte a un 80% que pertencen a homes. As estruturas patriarcais da sociedade española reprodúcense de modo particularmente agudizado neste ámbito. A pesar dos progresos que se deron, o deporte de competición feminino é a historia dunha loita constante por obter a igualdade fronte ó masculino. En termos xerais, si nun club ou federación falta diñeiro, os máis afectados son os equipos e as deportistas femininas, de onde primeiro se restrinxen os apoios económicos e técnicos. Esta situación vese reforzada polos medios de comunicación, que practicamente non teñen en conta o deporte feminino. Esta situación de desigualdade no contexto vencellado a educación física e o deporte faise extensiva ó ámbito académico, situación que se manifesta en diferentes elementos: No desenvolvemento curricular da Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte –a partir deste momento LCCAFD– ten presenza pouco significativa a perspectiva feminina no estudio da motricidade e a corporeidade. A meirande parte das materias son enfocadas dende unha perspectiva aparentemente unitaria, asexual e desprovista de xénero, pero si analizamos someramente os contidos –tanto biomédicos, técnicos deportivos, sociolóxicos ou psicolóxicos– a través de evidencias tan sinxelas como os exemplos, as imaxes, etc. o referente é case sempre masculino. A docencia impartida por mulleres está concentrada en determinados ámbitos de coñecemento. A muller ten escasa presencia en niveis superiores da xerarquía laboral e/ou académica. Con esta investigación inténtase coñecer un indicador empírico destas diferencias de xénero a través da análise da distribución docente nas LCCAFD.

MATERIAL E MÉTODO

Coa fase empírica da investigación preténdese dar resposta ós obxectivos da investigación. O obxectivo xeral desta investigación é o seguinte: • Comparar as características da docencia feminina na Universidade Española coas características da docencia feminina na LCCAFD. Con este obxectivo xeral impleméntanse os seguintes obxectivos específicos: • Analizar a distribución do profesorado que imparten docencia na LCCAFD segundo o sexo. • Analizar a distribución do profesorado da LCCAFD por sexo e categoría das materias: troncais, obrigatorias e optativas. • Analizar a distribución do profesorado da LCCAFD por sexo e tipo de materias, en función dos contidos das mesmas. Para a realización desta investigación determinouse que a mostra sería todo o profesorado que imparte docencia na LCCAFD en España. A fase empírica desta investigación consta de dúas fases principais: recollida de datos e análise estatística. Os pasos seguidos para a obtención da información necesaria para realizar a investigación foron os seguintes: Determinación das fontes de información: Unha vez establecidos os obxectivos da investigación, necesitábase conseguir os datos necesarios para poder abordar estes obxectivos. As fontes nas que obter esta información serían os POD (Plan de Organización Docente) e os plans de estudio dos diferentes centros que imparten a LCCAFD en España. Obtención da mostra: Determinada a mostra, necesitábase coñecer cales son os centros que imparten a LCCAFD en España e elaborar un listado dos mesmos. A elaboración deste listado de centros realizouse a partir da información recollida no Libro Branco de Título de Grado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, que aparece na páxina web da Universidade Autónoma de Madrid. Búsqueda de datos de contacto para solicitar información: O seguinte paso foi buscar as direccións de correo ordinario, correo electrónico, números de teléfono e de Fax dos decanatos dos diferentes centros que imparten a Licenciatura, así como dos vicerrectorados de profesorado ou organización académica das universidades ás que pertence cada centro, coa finalidade de poñerse en contacto cos mesmos e solicitarlles a información necesaria para a investigación. As direccións de correo ordinario e electrónico e os números de teléfono e de Fax atopáronse nas páxinas web de cada universidade. Elaboración da solicitude de información: A continuación elaborouse unha guía, que servise de protocolo, para solicitar a información necesaria por teléfono. Tamén se redactou un escrito para solicitar a información por correo ordinario, correo electrónico e Fax. Solicitude de información: Por tanto, o paso seguinte foi solicitar a información necesaria para a investigación por estas catro vías: teléfono, Fax, correo electrónico e correo ordinario, e nunha dobre dirección: decanatos dos centros que imparten a LCCAFD e vicerrectorados de profesorado ou de ordenación académica das universidades as cales pertence ou está adscrito cada centro. Rexistro de datos: Dos 22 centros que imparten esta Licenciatura en España, só chegou á información solicitada de 7. Outros dous centros remitíannos ás súas páxinas web para poder obter dita información e o resto de centros non deron ningunha resposta. En relación ós restantes 15 centros que non proporcionaron a información solicitada, esta foi necesario búscala nas respectivas páxinas web. Coa información recollida procedeuse a análise estatística, co fin de dar resposta ós obxectivos da investigación, realizando os seguintes pasos: Cálculo da distribución do profesorado por sexos: O primeiro paso que se deu na análise de datos foi o reconto dos profesores e profesoras de cada centro, posteriormente calculouse o total da suma de tódolos centros e a porcentaxe de cada sexo. Cálculo da distribución do profesorado por materias, en función da súa categoría, e sexo: O segundo paso consistiu en establecer a relación entre o sexo dos profesores e o tipo de materias que imparten, en función de si son troncais, obrigatorias ou optativas. Para elo contouse, para cada centro, o número de profesores e o número de profesoras que imparten cada tipo de materia troncal, obrigatoria ou optativa. Como un mesmo profesor/a pode impartir varias materias, este contabilizouse tantas veces como materias imparte. A continuación calculouse o total de profesores e de profesoras de tódolos centros que imparten cada tipo de materia, en función da súa categoría e a porcentaxe de profesores e de profesoras por tipo de materia. Cálculo da distribución do profesorado por materias, en función do tipo de contidos, e sexo: No terceiro paso na análise de datos estableceuse a relación entre o sexo dos profesores e o tipo de materias que imparten, en función dos seus contidos. Para realizar esta análise foi necesaria unha fase previa, que consistiu en distribuír as materias en diferentes grupos en función dos seus contidos. Os 5 grupos nos que se clasificaron as materias recollidas nos plans de estudio dos centros que imparten a LCCAFD son os seguintes: materias de Bases Biolóxicas e Mecánicas da Actividade Física e do Deporte; materias de Fundamentos e Manifestacións Básicas da Motricidade Humana e a súa Ensinanza; materias de Fundamentos dos Deportes e Rendemento Deportivo; materias de Organización da Actividade Física e do Deporte e Ámbitos de Actuación; e materias de Humanidades e Ciencias Sociais. Unha vez clasificadas as materias por grupos en función dos seus contidos, fíxose un reconto para cada centro do número de profesores e de profesoras que imparten materias de cada grupo. Como sucede no paso anterior, como un mesmo profesor/a pode impartir varias materias, este contabilizase tantas veces como materias imparta. A continuación calculouse o total de profesores e de profesoras de tódolos centros que imparten docencia en cada grupo de materias, en función do seu contido, e a porcentaxe de profesores e de profesoras por grupo.

RESULTADOS

Os resultados obtidos coa análise de datos son os seguintes: Do total de profesorado que imparten docencia nos estudios da LCCAFD, o 27.5% son profesoras, fronte a un 72.5% de profesores. Do total de profesorado que imparten docencia nas materias troncais dos estudios da LCCAFD, o 29.6% son profesoras, fronte a un 70.4% de profesores. Do total de profesorado que imparten docencia nas materias obrigatorias dos estudios da LCCAFD, o 28.4% son profesoras, fronte a un 71.6% de profesores. Do total de profesorado que imparten docencia nas materias optativas dos estudios da LCCAFD, o 25.7% son profesoras, fronte a un 74.3% de profesores. Do total de profesorado que imparten docencia nas materias de Bases Biolóxicas e Mecánicas da Actividade Física e do Deporte, dos estudios da LCCAFD, o 27.1% son profesoras, fronte a un 72.9% de profesores. Do total de profesorado que imparten docencia nas materias de Fundamentos e Manifestacións Básicas da Motricidade Humana e a súa Ensinanza, dos estudios da LCCAFD, o 36.9% son profesoras, fronte a un 63.1% de profesores. Do total de profesorado que imparten docencia nas materias de Fundamentos dos Deportes e Rendemento Deportivo, dos estudios da LCCAFD, o 22.3% son profesoras, fronte a un 77.7% de profesores. Do total de profesorado que imparten docencia nas materias de Organización e Ámbitos de Actuación da Actividade Física e do Deporte, dos estudios da LCCAFD, o 27.9% son profesoras, fronte a un 72.1% de profesores. Do total de profesorado que imparten docencia nas materias de Humanidades e Ciencias Sociais, dos estudios da LCCAFD, o 41.2% son profesoras, fronte a un 58.8% de profesores.

Completa la información

Contenido disponible en el CD Colección Congresos nº3.

¡Consíguelo aquí!

CONCLUSIÓNS

Cos resultados obtidos a partir da análise de datos confírmase que a porcentaxe de profesoras que imparten docencia nos estudios da LCCAFD en España é notablemente inferior á de profesores. Nos INEF, Facultades de Ciencias da Actividade Física e do Deporte e demais centros nos que se poden cursar estes estudios, por cada profesora atopamos máis de sete profesores. Comparando os resultados desta investigación cos datos estatísticos que nos ofrece o MEC sobre a porcentaxe de profesoras universitarias no curso 2005-06, pódese concluír que as características da docencia feminina na LCCAFD son similares ás características da docencia feminina no conxunto da Universidade Española. En ambos casos o número de profesoras é notablemente inferior ó número de profesores. Sen embargo na LCCAFD a porcentaxe de profesoras (27.5%) é aínda menor que no conxunto da Universidade Española (33.1%), atopando unha diferenza porcentual de 5.6 puntos. Tanto na LCCAFD como no conxunto da Universidade Española, a maior porcentaxe de profesoras atópase nas áreas de Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias da Educación. Si se analiza a distribución do profesorado en función do seu sexo e o tipo de materias que imparten, atendendo a súa categoría de troncais, obrigatorias e optativas, non se observan diferenzas destacables entre a porcentaxe de profesoras no total das materias (27.5%) e a porcentaxe en cada categoría (29.6% nas troncais, 28.4% nas obrigatorias e 25.7% nas optativas). Sendo esta diferenza inferior a 3 puntos porcentuais nos tres casos. Sen embargo, si podemos observar como nas materias optativas a porcentaxe de profesoras é algo menor que nas materias troncais e obrigatorias. Este feito pode deberse a que a maior parte das materias optativas que se ofertan nos plans de estudio son as mestrías, alto rendemento ou especializacións en diferentes deportes. Sendo este o grupo de materias, en función dos seus contidos, onde é menor a porcentaxe de mestras. Como se acaba de adiantar, na distribución do profesorado en función do seu sexo e o tipo de materias que imparten, atendendo ós contidos das mesmas, si se observan diferenzas que merece a pena sinalar. Así, tomando como referencia o dato da porcentaxe de profesoras no conxunto de tódalas materias (27.5%), compróbase que no grupo de materias de Fundamentos dos Deportes e Rendemento Deportivo a porcentaxe de docentes femininas (22.3%) é inferior en case 5 puntos porcentuais. Destes datos pódese extraer que a docencia dos deportes é impartida maioritariamente por homes. Mentres que nas materias de Fundamentos e Manifestacións Básicas da Motricidade e a súa Ensinanza, a porcentaxe de profesoras (36.9%) é superior en máis de 9 puntos porcentuais á porcentaxe de docentes femininas no conxunto de materias. Esta diferenza é aínda máis notable no caso das materias relacionadas coas Humanidades e as Ciencias Sociais. Neste grupo de materias a porcentaxe de profesoras é dun 41.2 %, é dicir, existe unha diferenza porcentual de 13.7 puntos por encima con respecto á porcentaxe de profesoras no conxunto de materias. Comparando este grupo de materias de Humanidades e Ciencias Sociais co grupo de Fundamentos dos Deportes e Rendemento Deportivo, obsérvase que a porcentaxe de docentes femininas do primeiro grupo case dobra á do segundo. En canto á porcentaxe de profesoras que imparten docencia nos outros dous grupos de materias: Fundamentos Biolóxicos e Mecánicos (27.1%) e Organización e Ámbitos de Actuación da Actividade Física e do Deporte (27.9%), non se observan diferenzas destacables con respecto o dato da porcentaxe de profesoras no conxunto de materias, existindo en ambos casos unha diferenza inferior a 1 punto porcentual. Si se comparan estes resultados cos datos estatísticos sobre as profesoras no sistema universitario, compróbase que nos estudios da LCCAFD, existe unha maior porcentaxe de profesoras naquelas materias relacionadas coas áreas de coñecemento onde á porcentaxe de profesoras universitarias é máis elevado, estas son as Humanidades, as Ciencias Sociais e as Ciencias da Educación. As diferenzas de xénero, tanto na docencia da LCCAFD como no Sistema Educativo en xeral, son o suficientemente importantes como para pasar por alto dita realidade. Polo que consideramos que é necesario realizar estudios de xénero que poñan de manifesto a desigualdade existente entre mulleres e homes, co fin de promover a reflexión e o cambio social.

Bibliografía

  • Acker, S. Género y educación. Reflexiones sociológicas sobre mujeres, enseñanza y feminismo. Madrid: Narcea, 1994.
  • Alcalá, P., Pérez, E. y Santesmases, M. J. Mujer y ciencia. La situación de las mujeres investigadoras en el sistema español de ciencia y tecnología. Madrid:Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, 2005. (http://www.fecyt.es/documentos/MUJERyCIENCIA_web.pdf).
  • Canales Lacruz, I. “La Educación Física en la II República: el desolado contexto escolar en el que intentó configurarse como asignatura”. En: Revista de Educación Física, nº 86, 2002, pp. 13-16.
  • Chinchilla, J.L., Fernández, J.C. y Latorre, J.M. “La formación del profesorado en España. Consolidación académica (1900-1940)”. En: Revista Digital de Educación Física y Deportes, nº. 62, 2003. (http://www.efdeportes.com).
  • Díez, E.J., Terrón, E. y Anguita, R. La cultura de género en las organizaciones escolares. Motivaciones y obstáculos de acceso de la mujer a los puestos de dirección. Barcelona: Octaedro, 2006.
  • Carbajosa Menéndez, C. Las Profesoras de Educación Física en España: historia de su formación (1938-1977). Oviedo: Universidad de Oviedo, 1999.
  • De Lucas Heras, J.M. Historia de la Educación Física Oficial. España 1900- 1936. Madrid: Universidad de Alcalá, 2000.
  • Figueroa Íñiguez, M.J. Mujer y docencia en España. Madrid: Escuela Española, 1996.
  • Grañeras, M. et al. Las mujeres en el Sistema Educativo. Madrid: Instituto de la
  • Mujer (Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales), 2001. (http://www.mtas.es/mujer).
  • Mandell, R. Historia cultural del deporte. Barcelona: Edicions Bellaterra, 1986.
  • Mañerú, A. y Grañeras, M. (coord.). Mujeres en cargos de representación del Sistema Educativo. Madrid: Instituto de la Mujer, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, 2004. (http://www.mtas.es/mujer).
  • Martínez, M. P. y Barreiro, J.B. “Presencia e incorporaciónde la mujer en la enseñanza de la educación física y el deporte”. En: Revista Digital de Educación Física y Deportes, nº 65, 2003. (http://www.efdeportes.com).
  • Ministerio de Educación y Ciencia. Estadísticas. (http://www.mec.es).
  • Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Instituto de la Mujer. Estadísticas,Mujeres en cifras. (http://www.mtas.es/mujer).
  • “Mujeres y dirección, otro reto para la igualdad”. En: Educar en Castilla-La Mancha, nº 23, 2004. (http://www.jccm.es/educacion).
  • Murillo, F.J., Arrimadas, I y Calzón, J. Sistemas educativos nacionales. España.
  • Madrid: Ministerio de Educación y Cultura, Centro de Documentación e Investigación Educativo (CIDE), Organización de Estados Iberoamiericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura (OEI), 1997. (http://www.campus-oei.org/quipu/españa/index).
  • Pajarón Sotomayor, R. La Educación Física de la Mujer en España. Perspectiva de la Segunda Mitad del Siglo XI. Madrid: Ediciones de la Universidad Autónoma de Madrid, 1987.
  • Pastor Pradillo, J.L. El espacio profesional de la Educación Física en España: génesis y formación (1883-1961). Madrid: Universidad de Alcalá, 1997.
  • Pastor Pradillo, J.L. Definición y desarrollo del espacio profesional de la Educación Física en España (1861-1990). Madrid: Universidad de Alcalá, 2000.
  • Pastor Pradillo, J.L. “La evolución histórica de la docencia de la Educación Física”. En: Tándem, nº 15, 2004, pp. 96-109.
  • Pérez Sedeño, E. (dir). La situación de las mujeres en el sistema educativo de ciencia y tecnología en España y su contexto internacional. Programa de análisis y estudios de acciones destinadas a la mejora de la calidad de la enseñanza superior y de actividades del profesorado universitario (REF: S2/EA2003-0031). CSIC, 2003. (http://www.csic.es/mujer_ciencia.do).
  • Plana Galindo, C. El asentamiento de la Educación Física en el Sistema Educativo Español (1883-1900). Aproximación a sus inicios en la comunidad educativa aragonesa. Zaragoza: Diputación General de Aragón, Departamento de Educación, Cultura y Deporte, 2004.
  • Puig, N. y Soler, S. “Mujer y deporte en España: estado de la cuestión y propuesta interpretativa”. En: Apunts, nº 76, 2004, pp. 71-78.
  • Rovira, M. y Tomé, A. La enseñanza, ¿una profesión femenina? Cuadernos para la coeducación. Barcelona: Institut de Ciències de l’Educació. Universitat Autònoma de Barcelona, 1993.
  • Santos Guerra, M.A. “Currículum oculto y construcción del género en la Escuela”. En: Kikiriki, nº 38, 1996, pp.14-27.
  • San Román, S. Las primeras maestras. Los orígenes del proceso de feminización docente en España. Barcelona: Ariel Practicum, 1998.
  • Vilanou, C. Contexto histórico y antecedentes de la educación física. En: Tándem, nº 1, 2000, pp. 39-51.
  • Zagalaz Sánchez, M. L. La educación fisica femenina en España. Jaén: Universidad de Jaén, 1998.

Leave a Reply

Open chat
Saludos de Alto Rendimiento:

Para información sobre los cursos y másteres ONLINE, puede contactarnos por aquí.

Asegúrate de haber completado el formulario (azul) de información del curso/máster.

Gracias!